Friday 17 de May de 2024

O concello de Ribeira inviste 70000 euros no mantemento e arreglo dos colexios públicos de cara ao inicio do curso escolar


O concello de Ribeira, a través da brigada de obras municipal, levou a cabo distintas tarefas de mellora e mantemento nos centros educativos públicos de todo o municipio de cara ao inicio do curso escolar. En total investíronse arredor duns 70000 euros.

As obras están rematadas agás nos casos nos que se precisou a contratación dunha empresa externa pola complexidade da actuación e polo seu tamaño, coma foi no caso do peche no CEP de Carreira e a reforma dos baños no CEIP Heroínas de Sálvora. “Estes traballos comézanse a finais de agosto porque os colexios fan as solicitudes entre maio e xuño, pero no verán moitos centros están ocupados polos campamentos de verán e a brigada municipal tivo ademais moitas obras que atender na época estival” explicou a concelleira.

Restan algunhas actuacións competencia da Xunta de Galicia, como a renovación das tuberías no colexio de Palmeira. Nestes casos solicitouse á Consellería de Educación a mellora das infraestructuras; como por exemplo no caso do CEIP de Olveira, que aínda non conta con ascensor, ou a ampliación de ximnasios no colexio de Palmeira e no CEP de Carreira.

“Dende o Concello vamos a apoiar e trasladar á Consellería tódalas peticións que os equipos directivos dos colexios públicos nos achegan” explica a concelleira Cruz Rivadulla. Tamén destacou a carencia de persoal para atender ao alumnado con necesidades especiais, asunto que tamén se trasladará á Consellería de Educación.